viernes, 22 de abril de 2016

A NOSA CAMELIA: TAN CURIOSA COMO SABOROSA.



O CIFP Carlos Oroza informa de que hoxe venres, 22 de abril, a partir das 12 horas desenvolverá polas rúas de Pontevedra, en colaboración co Concello e coa Deputación de Pontevedra a activi- dade “A nosa camelia: tan curiosa como saborosa”, na que alumnado e profesorado do noso centro amosarán aos viandantes pontevedreses as curiosidades pouco coñecidas relacionadas coa “nosa flor” e ofreceránlles unha degustación de elaboracións realizadas coa camelia como ingrediente.

As rúas nas que estarán situadas as mesas do CIFP Carlos Oroza son:

  • Praza de España, diante do monumento aos Heroes de Pontesampaio
  • Rúa Frai Tomás de Sarria
  • Praza da Ferrería
Deesenvolverase unha actividade multisensorial con degustacións, reprodución de gravacións, e explicación de fotografías e textos. Preténdese ademais que colectivos e asociacións relaciona- dos coa discapacidade sexan os protagonistas.

Para o desenvolvemento desta actividade contouse coa imprescindible colaboración de Carmen Salinero, da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (dependente da Deputación provincial), que aportou asesoramento e documentación, ademais de aceite de camelia, pétalos e té.

O obxectivo final da actividade que desenvolverá o CIFP Carlos Oroza é enxalzar cuestións da camelia pouco coñecidas polo público en xeral. Así, colgaranse fotografías e textos das árbores dos xardíns de Casto Sampedro e doutros lugares da cidade que serán explicadas polos alumnos de primeiro curso de Guía e Información Turística. Os interesados en achegarse poderán coñecer datos curiosos como que as geishas utilizan aceite de camelia para facer os moños do pelo, a re- lación das camelias con Federico García Lorca, o motivo de que a flor sexa o emblema de Cocó Chanel, o traballo das monxas de Armenteira coa elaboración de xabóns ou por qué a pranta se chama camellia, entre outras cousas. Tamén se escoitarán gravacións de poemas ou textos rela- tivos á flor.

Logo de coñecer eses datos, os participantes na iniciativa serán convidadas á degustación dun pequeno tentempé tanto salgado como doce con camelias como ingrediente. Trátase de elabo- racións denominadas ‘xapogalegas’ por ser platos híbridos con produtos orixinarios tanto do Xa- pón como de Galiza: arroz, vieira, camelia… Finalmente, darase ao público documentación sobre o roteiro dos xardíns da camelia en Galicia coa fin aportar unha experiencia sensorial de máis dun día.

Seguindo coa liña establecida desde hai moitos anos polo CIFP Carlos Oroza, de achegar os re- cursos turísticos e gastronómicos a TODOS, colectivos e asociacións relacionados coa discapa- cidade serán protagonistas no evento. Rapaces e rapazas do Juan XXIII, da Once, de colectivos de celíacos ou doutras entidades similares participarán na actividade, tendo á súa disposición textos en braille e adaptados a outras necesidades.

Na realización desta proposta multisensorial da camelia están involucrados alumnado e profeso- rado de catro ciclos do CIFP Carlos Oroza: os alumnos de 1º curso de Dirección de Cociña, dirixi- dos polo profesor Daniel Pulzoni; os alumnos de 1º de Panadería e Pastelería, dirixidos por Javier Oubiña; alumnos do 1º curso do CM de Servizos en Restauración, dirixidos polo profesor Carlos Rodríguez e os alumnos de 1º do Ciclo Superior de Guías e Información Turística, coa participa- ción das profesoras María José Lores, Sandra Pérez e Marta Abad.


0 comentarios:

Publicar un comentario