viernes, 6 de febrero de 2015

Alumnos de Hostalería de Lamego (Portugal) participan en un intercambio de gastronomía con CIFP Carlos Oroza de Pontevedra

O CIFP Carlos Oroza de Pontevedra recibirá os vindeiro días 9, 10 e 11 de febreiro a visita da Escola de Hostalaría Douro Lamego de Portugal. 

Ámbolos dous centros son socios colaboradores de proxectos de intercambio en gastronomía e enoturismo. A estancia da Escola de Douro Lamego prolongarase durante tres días, nos que desenvolverán as seguin-tes actividades institucionais como unha recepción no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra ou unha visita ao IGAFA.

Tamén se achegarán a un centro hostaleiro de primeiro nivel como é o Gran Hotel de La Toja, participarán nunha visita á adega de Eidos de Padriñán ou visitarán o conxunto arquitectónico de Combarro.

No transcurso da xornada do mércores día 11 no CIFP Carlos Oroza, elaborarán e servirán un menú gastronómico a escola de Hostalaría Douro Lamego coa colaboración do alumnado do CIFP Carlos Oroza.

0 comentarios:

Publicar un comentario